Aviso importante sobre o abastecemento de auga municipal

Aviso importante sobre o abastecemento de auga municipal

11 Decembro 2020/concello/Xeral

Informamos aos/ás usuarios/as das poboacións de: Domiz, Tudriz, Lamaigrexa, Recemunde, O Pereiro, Vilar de Peras, Martul, Castroncelos, Piñeiros, Vilarmao, A Estación, Pinel, Cereixa, A Pobra do Brollón, O Brollón, Sto. Adrián, Fornelas, Eixón, Abrence e A Frieira;

que debido a unha avaría no subministro de luz na potabilizadora, estamos a ter problemas para subministrar unha auga que reúna as condicións sanitarias óptimas.

É por isto que aconsellamos a tódala poboación destes lugares que procure non beber a auga da billa. Pode ser usada para cociñar sempre que se ferva.

Estamos traballando para solucionar o incidente o antes posible. Grazas.

 



RELACIONADO