A Pobra do Brollón acolle este mércores unha charla sobre o conflito palestino

Mensaxe de erro

  • Notice: Undefined index: und in include() (line 31 of /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und in include() (line 43 of /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und in include() (line 43 of /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).

A Pobra do Brollón acolle este mércores unha charla sobre o conflito palestino

14 Maio 2024/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha charla sobre o conflito entre Gaza e Israel, coincidindo co 15 de maio, aniversario da Nakba. 

Co termo Nakba, “catástrofe” ou “desastre” en árabe, é coñecido o éxodo palestino de 1948 tras a expulsión forzada de máis 700.000 persoas, moitas das cales refuxiáronse en Gaza. 

A charla será a cargo de Óscar Valadares, especialista en Oriente Medio e portavoz de Mar de Lumes. Na charla, que será ás 20:30h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, Valadares contextualizará e explicará o conflito dende a Nakba ata a actual invasión de Rafah na Franxa de Gaza.

Tras a charla, procederase a ler un manifesto diante da Casa do Concello en condena da invasión e en solidariedade co pobo palestino.



RELACIONADO