Please enable JS

Entre Ribeira Sacra e O Courel

A Pobra do Brollón ten uns recursos naturais excepcionais porque ocupa dous territorios moi diferenciados que lle dan gran personalidade.

Por unha banda forma parte da Ribeira Sacra, o que significa necesariamente viño e os seus viñedos en socalcos. Na zona do municipio bañada polo Sil, as ribeiras déixanse caer cara ao río, creando imaxes perfectas de simbiose entre o home e a natureza. A parroquia de Vilachá de Salvadur é a máis representativa deste tipo de paisaxe, que se complementa coas centenerarias adegas. Pequenas construccións de pedra agrupadas nun mesmo entorno que na primeira fin de semana de maio acollen a tradicional Feira do Viño. Cita necesaria para quen queira desfrutar do viño nunha paraxe natural na que a pedra é a protagonista.

Accede á web do CRDORS

 

A tradición vitícola do concello complétase coa tradición como municipio de montaña. A Pobra do Brollón conta con amplias zonas de montaña que no inverno se cubren de neve, para encherse de verde e auga cando chega a primavera. Aldeas de montaña como Parada de Montes transportan ao viaxeiro ao pasado e ofrecen información importante sobre como se construia e se configuraba unha aldea para facer frente ás inclemencias do tempo.

Soutos centenarios comandados por sequeiros, albarizas repartidas nas ladeiras das montañas e sendeiros e regatos esparexidos por todas as partes rematan de conformar un espectáculo natural que ofrece mil caras diferentes segundo a época do ano.

Para coñecer A Pobra do Brollón hai que vir con tempo, sen présas, para permitirse perderse e descubrir en cada paso pequenas sorpresas que nos falan do pasado e dun modo de vida en sintonía coa natureza. O mellor antídoto para os tempos que corren veloces.

 

Sequeiros - Mazo
Sequeiros - Mazo