PARADA DOS MONTES

Se abandonamos A Pobra do Brollón en dirección ao Courel, a última aldea que nos atopamos é Parada dos Montes. Aldea típica de montaña onde o tempo parece que se detivo. Casas, cortes e palleiras agrúpanse ao longo dun camiño coma se fosen unha única vivenda. As casas conservan balcóns tradicionais de madeira e ao unirense unhas con outras crean túneles nas rúas que protexen a maquinaria e animais das inclemencias meteorolóxicas. O terreo sobre o que se constrúe a aldea é rochoso, as construcións están orientadas cara ao mediodía, protexidas dos ventos do norte e das rigorosas neves. Un lugar de visita obrigada.

Parada dos Montes