O prazo para recoller os vales para libros e material escolar abre o 4 de agosto

O prazo para recoller os vales para libros e material escolar abre o 4 de agosto

29 Xullo 2025/concello/Xeral

Dende o día 4 ao 29 de agosto estará aberto o prazo para recoller os vales de axuda económica para a compra de libros e material escolar.

Están destinados ao alumnado matriculado no CEIP da Pobra do Brollón no vindeiro curso 2025/26.

Os vales entregaranse nas oficinas do Concello en horario de 09:00 a 12:00 horas e poderanse cambiar na Librería Nuñez da Pobra do Brollón.



RELACIONADO