ADEGAS DE VILACHÁ

VISITAS GUIADAS VERÁN 2020

Dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos visitas guiadas en xullo e agosto a Cova das Choias, Vilachá de Salvadur (adegas tradicionais e Os Conventos) e o Castro de San Lourenzo. Preme aquí para máis información.


Vilachá é a única parroquia da Pobra do Brollón que linda co río Sil, onde o cultivo da vide ten grande importancia. Pertencendo este territorio á subzona Quiroga Bibei da D.O. Ribeira Sacra. Ademais da ribeira de impresionante beleza da que se pode desfrutar desde o mirador acondicionado na zona, Vilachá destaca polo conxunto etnográfico que conforman as súas centenarias adegas.

Case medio cento de adegas cubertas por tellados de pizarra a dúas augas, construcións que gozan de protección por parte da Xunta e que están catalogadas como de Interese Turístico, consideradas unhas das máis antigas da península.

En Vilachá de Salvadur celébrase cada primeira fin de semana de Maio a tradicional cata dos Viños de Vilachá, onde degustar, nunha contorna de conto, os viños producidos nestas ribeiras.

 

 

 

Adegas de Vilachá