ALDEA MINEIRA DA VENEIRA DE ROQUES

Mina

 

A importancia e utilidade do ferro xerou unha ampla rede de instalacións mineiras para o seu aproveitamento. No noroeste español destacan pola súa calidade e produción, as minas de Formigueiros (O Courel) e as de Roques (A Pobra do Brollón). Os inicios da actividade sitúanse durante o dominio romano, vivindo a época de maior esplendor entre o medievo e finais do século XIX. Ligado ao xacimento mineral de Roques aséntase no lugar un poboado, que naceu para acoller aos mineiros e que co paso do tempo pasa a ser unha aldea rural A Veneira de Roques. Este xacemento explotouse tanto a ceo aberto (mina dos Buratos ou Graíl) como a través de galerías subterráneas (A Devesa, A Cortiña, As Cabanas,…). Os mineros traballaban de modo manual, arrincando anacos de rocha nos que se atopaba o mineral do ferro, empregando para iso picos, palancas, cuñas e mazos. Subministraban así de mineral ás ferrerías da comarca (Biduedo, Loureiro, Baldomir, Barxa do Lor, Penacova,…) onde se fundían as rochas que contiñan gran cantidade de impurezas para transformalas en lingotes ou barras de ferro. Precisamente a ferrería de Loureiro é outro recurso turístico de interese.

Descargar máis información (PDF)

 

Veneira de Roques