Please enable JS

MINA ROMANA DOS MEDOS

A mina dos Medos é unha explotación aurífera romana ao descuberto. Estamos nun xacemento secundario. Nos primarios o ouro extraíase do propio filón, mentres que nos secundarios extraíase o ouro das acumulacións de materiais produto da erosión dos xacementos primarios

O aproveitamento conseguiuse primeiro, mediante o sistema de lavados superficiais. Posteriormente utilizouse un sistema de extracción máis elaborado, o de sucos converxentes, magníficamente conservados en boa parte da súa superficie. A zona de explotación está dividida en dous niveis: o máis baixo á beira do río Saa con estruturas difíciles de distinguir e a zona de explotación con sucos converentes onde podemos ver claramente os depósitos de áridos resultantes do lavado do aluvión.

Descargar máis información (PDF)

 

Os medos