Volve o Mercado Cirular para promover o consumo local, xusto e sostible. O mercado instálase na Praza da Peza os días de feira de verán na Pobra do Brollón. Concretamente, estará os días 25 de xullo, o 11 e 25 de agosto e o 11 de setembro.
Está aberto a persoas que queiran vender algo da súa propia colleita: produtos da horta, conservas, viño, mel, artesanía, roupa ou obxectos de segunda man...
As persoas interesadas en poñer un posto poden contactar no teléfono 629865663.