Charla informativa sobre a ordenanza dos furanchos

Charla informativa sobre a ordenanza dos furanchos

18 Febreiro 2022/concello/Xeral

O próximo mércores 23 de febreiro terá lugar unha reunión informativa sobre a nova ordenanza municipal que permite o establecemento de furanchos na Pobra do Brollón. A charla será ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo'.

A reunión está aberta a todos os veciños e veciñas. O obxectivo é informar e resolver calquera dúbida ao respecto da ordenanza: quen pode abrir un furancho, que requisitos hai que cumprir, cando se poden abrir, etc.



RELACIONADO