Volven os certames de poesía e de postais de Nadal

Volven os certames de poesía e de postais de Nadal

Decembro 03/concello/Cultura

Volven convocarse os xa tradicionais certames de poesía e de postais de Nadal, unha iniciativa da Biblioteca municipal e da Oficina de Información Xuvenil da Pobra do Brollón para espertar a creatividade dos máis novos e novas. 

O prazo para participar remata o 30 de decembro para ambos certames. A continuación ofrecemos máis información sobre cada concurso.

Certame de Poesía

Poden participar tódalas persoas ata os 16 anos. Hai tres premios por cada categoría: ata 8 anos; de 9 a 11; e de 12 a 16.

Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Consulta as bases para participar aquí (PDF).

Certame de Postais

Poden participar tódalas persoas menores de 30.  Hai tres premios por cada categoría: de 3 a 5 anos; de 6 a 8 anos; de 9 a 12 anos; e de 12 en adiante.

Consulta as bases para participar aquí (PDF).



RELATED POSTS