Cita coa música e a cultura

cartel festival

Cita coa música e a cultura

Xullo 17/concello/Cultura

O concello da Pobra do Brollón organiza a V edición do festival de música tradicional “As cores do outono”. A cita será  o sábado 22 de setembro. A partir das 16.00 h. haberá Faladoiro con Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, será na Casa da Cultura “Olga Novo” e a partir das 19.30 h. haberá actuación do circo clown, “Circo Chosco”.

Os concertos comezarán ás 21.00 h. na área recreativa Samugueiros, estarán presentados polo humorista, poeta e dramaturgo Lois Pérez e correrán por conta de Luar na Lubre e Searas os Carapaus.



RELATED POSTS