X Feira Guímara: Programa

Mensaxe de erro

  • Notice: Undefined index: und in include() (line 31 of /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und in include() (line 43 of /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und in include() (line 43 of /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).

X Feira Guímara: Programa

13 Xuño 2025/concello/Cultura

O sábado 12 de xullo celebramos na Pobra do Brollón a décima edición da Feira Guímara no campo da feira, ao carón do río Rubín.

A programación arranca ás 12:00 do mediodía co pregón a cargo de Belén López Rodríguez, xornalista oriúnda de Recemunde. 

Ás 12:30 terá lugar a representación da Revolta Guímara, na que se conmemora a revolta popular contra o Conde de Lemos.

Deseguido comezará unha sesión vermú animada pola agrupación de música tradicional O Recanto.

Haberá tamén demostración de oficios tradicionais – forxa e torna de madeira – a cargo do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación de Lugo.

A programación poñerase en pausa durante o xantar, estilo romaría; haberá a disposición mesas de uso libre para que as e os asistentes poidan levar a súa propia comida. Tamén haberá un posto de polbo.

A partir das 17:00 comezará un campionato de xogos populares como tira-soga, ra ou chave. 

Ás 20:30 o público poderá gozar do espectáculo 'Rogelio, un paiaso en recuperación' do Circo AsSircópatas.

Á noite, a partir das 22:00, remata a programación cun concerto do brass band Brassica Rapa.

Ao longo do día haberá postos de artesanía e produtos locais, ademais de barra de bebidas.

 



RELACIONADO