Comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas a partir do 5 de marzo

Comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas a partir do 5 de marzo

27 Febreiro 2026/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón pon ao dispor dos agricultores e gandeiros do municipio unha rede de puntos de acopio para plásticos agrícolas, que son recollidos polo propio Concello.

Infórmase de que o vindeiro día 5 de marzo comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas, o que se pon en coñecemento dos/as usuarios/as para que depositen os seus plásticos a fin de que sexan recollidos nesa data.

Lembramos que os/as agricultores e gandeiros deberán recoller e xestionar correctamente os plásticos agrícolas que xeran na súa actividade.

 A cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas.

A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, que orixina un deterioro progresivo e acumulativo do contorno, tendo ademais en conta o impacto paisaxístico derivado da proliferación de puntos de abandono destes materiais.



RELACIONADO