A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas estará na Pobra do 3 ao 5 de maio

A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas estará na Pobra do 3 ao 5 de maio

13 April 2021/concello/Xeral

Os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio desprazarase á Pobra do Brollón a Unidade Móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas.

A Unidade Móbil estará situada na pista que vai ao campo de fútbol e os horarios serán os seguintes:

  • Día 3 de maio: de 09:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h
  • Día 4: de 09:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h
  • Día 5: de 09:00h a 13:30h

Pódese solicitar cita previa no teléfono 902309000 ou a través da web www.sycitv.com no apartado cita previa.



RELACIONADO