Paradas do Punto Limpo Móbil en outubro

Paradas do Punto Limpo Móbil en outubro

04 October 2021/concello/Xeral

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes. 

As próximas paradas para o mes de outubro son:

  • Santalla de Rei: do 4 ao 6 de outubro
  • Ferreirúa: do 7 ao 10 de outubro
  • Ferreiros: do 11 ao 13 de outubro
  • Saa: do 14 ao 17 de outubro
  • Castrosante: do 18 ao 20 de outubro
  • A Pobra do Brollón: do 21 ao 24 de outubro

Os refugallos que se poden depositar no Punto Limpo Móbil son os seguintes:

  • Pilas 
  • Medicamentos e os seus envases
  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Aceite de cociña usado
  • Envases baleiros de pinturas e/ou vernices 
  • Tóners e cartuchos de impresora
  • Aerosois

Pregamos que se procure manter o Punto Limpo Móbil en boas condicións para que toda a comunidade do concello poida facer uso del. 



RELACIONADO