O Festival das Letras Galegas celébrase este sábado 21

O Festival das Letras Galegas celébrase este sábado 21

19 May 2022/concello/Cultura

O Festival das Letras Galegas celébrase este sábado 21 a partir das 18:00 na Casa da Cultura 'Olga Novo', na Pobra do Brollón.

No festival actuará alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro, seguido do espectáculo 'Hocus Pocus' de Mago Paco. 

Aproveitarase a ocasión para facer entrega dos premios do Certame das Letras Galegas así como dos premios da Feira do Viño de Vilachá, ademais de varios premios atrasados, que non se puideron entregar no seu momento por mor da situación sanitaria. 


 



RELACIONADO