Continúa o ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ coa banda compostelá Hainas

Continúa o ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ coa banda compostelá Hainas

31 August 2022/concello/Cultura

O ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ é un programa de concertos de verán nas terrazas dos bares e restaurantes organizado polo Concello da Pobra do Brollón. 

Este venres 2 de setembro, continúa o ciclo con Hainas. Será ás 20:30 na terraza do restaurante O Fogón, en Cereixa. Despois do concerto seguirá a música con sesión DJ. 

A entrada ao concerto é libre e gratuíta. Quen queira cear, debe reservar no Fogón no teléfono 982 430 015.

Hainas é unha banda compostelá que percorre diferentes estilos como o soul, funky, swing e r&b. Está liderada por Andrea Pérez e Bea Mazaira, que anteriormente tocaron xuntas nas bandas The Soul Breakers e Betty and the amish. 

O seguintes concertos de 'Cos Pés na Terraza' serán de Carta de Ajuste o 9 de setembro e Néstor Pardo o día 16.



RELACIONADO