Nova campaña de compostaxe doméstica na Pobra do Brollón

Nova campaña de compostaxe doméstica na Pobra do Brollón

20 October 2022/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón colocará o vindeiro martes día 25 de outubro na Praza da Peza (ao carón da casa do concello), en horario de 11:00 a 13:00h, unha carpa informativa a fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica se poidan informar e inscribir na mesma.

A campaña está ideada para a participación de 40 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro, que recibirán de forma totalmente gratuíta. Os interesados poderán inscribirse ben na propia carpa ou ben nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica, e ata fin de existencias.

Esta iniciativa desenvolvese en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia –no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU–, e complementa a outras iniciativas desta índole realizadas polo ente municipal.

Dende o Concello da Pobra do Brollón anímase a veciños e veciñas a súa participación, para entre todos colaborar por un concello limpo e respectuoso co medio ambiente.



RELACIONADO