A compañía de teatro Os Trocos trae á Pobra do Brollón a súa comedia ‘A Croa dos Chairos’

A compañía de teatro Os Trocos trae á Pobra do Brollón a súa comedia ‘A Croa dos Chairos’

17 November 2022/concello/Cultura

A compañía Os Trocos leva á Pobra do Brollón dende Castro de Rei a obra A Croa dos Chairos. Será este sábado 19 de novembro ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. 

Trátase dunha comedia sobre a historia do pobo Chairo que habita na Croa de Viladonga. Segundo relata a sinopse da obra, é o ano 347 e os Chairos viven á marxe da expansión do cristianismo e dos cambios que acontecen por toda Europa, mesmo en lugares tan pretos deles como é a cidade de Lucus Augusti... O enfrontamento entre pobos e culturas é inevitable.

A entrada é de balde. O evento forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

 



RELACIONADO