A “música tradicional furtiva” de Tanto Nos Ten nun concerto solidario este xoves 29

A “música tradicional furtiva” de Tanto Nos Ten nun concerto solidario este xoves 29

27 December 2022/concello/Cultura

Este xoves 29 de decembro ás 20:15, terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón o último concerto do ano co grupo Tanto Nos Ten. 

A entrada é solidaria a través da doazón dun quilo de produtos non perecedoiros (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz...) para o banco de alimentos da Pobra do Brollón, a entregar na porta do concerto.

Tanto Nos Ten emprega músicas propias e do saber popular, con letras retranqueiras e comprometidas, nun repertorio que o grupo define como “música tradicional furtiva”. Será un concerto moi animado e festeiro no que se tocarán pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables.

Dende a organización, anímase aos asistentes a levar instrumentos para facer foliada ao remate do concerto

O concerto conta con financiamento da Área de Cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo. Enmárcase na programación de Nadal na Guimaralia.



RELACIONADO