O albergue da Pobra do Brollón inaugúrase o sábado 15 de xullo

O albergue da Pobra do Brollón inaugúrase o sábado 15 de xullo

13 July 2023/concello/Xeral

O albergue da Pobra do Brollón abre as súas portas este sábado 15 de xullo. Está situado no segundo andar do novo edificio multiusos municipal, na Avenida de Outeiro (ao carón do colexio da Pobra do Brollón). 

O albergue conta con 36 prazas, dispoñibles tanto para peregrinos do Camiño de Inverno como para turistas e visitantes en xeral. Para máis información poden contactar co albergue no teléfono 609 490 941 ou por email (albergueapobradobrollon@gmail.com).



RELACIONADO