Aviso dun peche de auga pola limpeza do tanque de Domiz este mércores 27

Aviso dun peche de auga pola limpeza do tanque de Domiz este mércores 27

26 September 2023/concello/Xeral

A partir deste mércores 27 de setembro, procederase ao peche da subministración de auga nos lugares de: MARTUL, LAMAIGREXA, TUDRIZ, RECEMUNDE, O PEREIRO, CASTRONCELOS, VILARMAO, A ESTACIÓN, PINEL, ABRENCE e A FRIEIRA.

O tempo estimado do peche é dun día (24 horas).

O motivo do peche é a limpeza do tanque de Domiz para sacar o lodo acumulado e poder garantir a subministración correcta de auga potable.

 



RELACIONADO