Todos os sábados de novembro, o obradoiro de teatro con Merche Pérez Mundo Rural Mundo Cultural inicia con entusiasmo a súa primeira viaxe para achegar o teatro ás asociacións veciñais e parroquias do Concello da Pobra do Brollón.
Realizarase un pequeno obradoiro de teatro dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que sintan a curiosidade de adentrarse no mundo da interpretación a través do xogo teatral e a improvisación. Non é necesario ter experiencia, trátase de ter unha toma de contacto co teatro e pasar un día diferente.
| 
 Sábado 4 de Nov  | 
 Sábado 11 de Nov  | 
 Sábado 18 de Nov  | 
 Sábado 25 de Nov  | 
| 
 A.V.  | 
 A.V.  | 
 A.V.  | 
 A.V.  | 
| 
 Mª Castaña. Cereixa.  | 
 A Ferreirúa.  | 
 Parada dos Montes.  | 
 Salcedo.  | 
| 
 Tel. 617 523 471  | 
 Tel. 690 613 377  | 
 Tel. 686 094 061  | 
 Tel. 626 449 829  | 
| 
 Marcos.  | 
 José.  | 
 Mª Carmen.  | 
 Lucas.  | 
Horario: de 10:00h a 13:00h con 15 minutos de descanso.
Información: nas asociacións veciñais.
Prazas limitadas. Actividade de balde.
Non se pode acceder con calzado da rúa no espazo de traballo; traer zapatillas deportivas ou calcetíns antiescorregadizos e roupa cómoda.
O obradoiro de teatro Mundo Rural Mundo Cultural conta con financiamento da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón.
