Taller Entroideirx: Información

Taller Entroideirx: Información

26 January 2024/concello/Cultura

Dentro da programación de Entroido do Concello da Pobra do Brollón, inclúese o Obradoiro Entroideirx, dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.

Será o domingo 4 de febreiro ás 17:00 na Casa da Cultura 'Olga Novo', cunha duración aproximada de 2 horas e media.

Neste taller artístico, debullaremos xogando, construíndo e divertíndonos arredor da tradición do Entroido, mais tamén descubrindo novos conceptos vinculados á igualdade e o bo trato.

As e os participantes elaborarán as tradicionais comadres e compadres, caretos, mecos, etc. e novos elementos que xurdan no obradoiro. 

Para participar hai que anotarse antes do 1 de febreiro na Biblioteca municipal (982430546) ou por WhatsApp no teléfono 650624828.

 



RELACIONADO