O CIM Móbil chega o 23 de abril para información e acompañamento en materia de violencia contra as mulleres

O CIM Móbil chega o 23 de abril para información e acompañamento en materia de violencia contra as mulleres

06 April 2026/concello/Xeral

O CIM Móbil estará na Pobra do Brollón o 23 de abril para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres.

O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM).

Está dirixido a mulleres e a calquera persoa en asuntos relacionados coa información, a atención e a prevención da violencia de xénero.

O servizo estará a disposición de toda a cidadanía o xoves 23 de abril de 10:00 a 13:00 horas, diante da Casa do Concello da Pobra do Brollón.



RELACIONADO


Outras Novas