Entroido 2018

Entroido 2018

15 January 2018/concello/Cultura

 

Estades preparad@s para disfrutar do entroido con nós?

As actividades comezan o venres 26 de xaneiro. Nesta xornada e o día 2 de febreiro celebrarase na Casa da Cultura un obradoiro de compradres, comadres, caretas, antefaces e disfraces. Desenvolverase ámbolos dous días en horario de 16.00 ás 18.00

Os xoves 1 e 8 de febreiro celebrarase o Concurso de Compadres e Comadres para individuais e colectivos. Os primeiros concentraranse diante do concello a partires das 18.30 h. para proceder á súa valoración e posterior queima. E locais, colexios, asociación estarán colocados onde elixan e serán valorados polo xurado en horario de mañá.

III CONCURSO DE COMPADRES E COMADRES. BASES

Primeira.- A Concellaría de Cultura do Concello da Pobra do Brollón convoca o   III Concurso de  Compadres e Comadres, que se realizará dentro do programa de actividades do Entroido, os xoves 1 e 8 de febreiro de 2018.

Segunda.- As solicitudes de inscrición para a participación no concurso presentaranse na Biblioteca Municipal do Concello (Casa da Cultura), sendo o derradeiro día de inscrición o 31 de xaneiro e o 7 de febreiro respectivamente, ou ben chamando o teléfono 982-430546 en horario de 10,30 a 13,30 horas.

Terceira.- Haberá dúas convocatorias: - Individuais - Colectivos: Locais comerciais, Colexios e Asociacións do Concello

Cuarta.- Na convocatoria de “Individuais”, tod@s @s compadres/comadres inscrit@s concentraranse diante do Concello ás 18:30 horas, onde se procederá á calificación por parte do xurado e á posterior queima d@s mesm@s.

Ó rematar haberá unha chocolatada na Casa da Cultura.

Quinta.- Na convocatoria de “Colectivos”, @s compadres e comadres inscrit@s colocaranse nos lugares elixidos pol@s participantes desde a primeira hora da mañá, o xurado visitaraos ata as 14.00 h.

Sexta.-  Haberá dous premios  por modalidade. Valorarase a orixinalidade, calidade e elaboración.

PREMIOS (por convocatoria): Individuais: 1º premio   50 € ------ Accésit  20 €  ////////  Colectivos: 1º premio   100 € -----Accésit  50 €

Sétima.- A entrega dos premios será o día 10 de febreiro (diante do Concello), coincidindo co remate do desfile de Entroido

Oitava.-. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A decisión do xurado é inapelable.

 



RELACIONADO