Nivel de alerta amarelo por tormentas

Nivel de alerta amarelo por tormentas

27 September 2018/concello/Xeral

A Axencia Estatal de Meteoroloxía da conta dun aviso de nivel amarelo por tormentas que poderían afectar ao concello da Pobra e concellos da contorna. As chuvias serán localmente fortes con ventos localmente fortes e/o sarabia inferior a 2 cm. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade que se poidan producir tormentas de intensidade superior de forma puntual. 

Desde a Dirección xeral de emerxencias pídeselle aos veciñosque adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no caso de ser necesario antes calquera emerxencia que contacten co 112.



RELACIONADO