100 persoas matriculadas na Escola de Música Samoeiro

100 persoas matriculadas na Escola de Música Samoeiro

22 October 2018/concello/Cultura

A Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón comezou o curso na segunda semana de outubro e fíxoo con 100 persoas matriculadas. Para o concello, este elevado nivel de participación dá conta do interese que espertan na veciñanza as materias ofertadas e confírman á Pobra do Brollón como un concello vencellado á música, especialmente á música tradicional galega. Así por exemplo as materias con máis matrículas son Baile Tradicional con 44, Percusión Tradicional 35 e Gaita con 18 matrículas.

Este importante nivel de matrícula xunto co Festival As Cores do Outono, especialmente orientado a por en valor e promocionar a música tradicional galega, fala da vinculación do noso municipio coa cultura musical tradicional de Galicia. Outras materias ofertadas pola Escola de Música son:

  • Acordeón
  • Coro
  • Iniciación Musical, música e movemento e linguaxe musical para nenos Piano
  • Guitarra
  • Linguaxe musical

Para máis información no teléfono 982 430 546.



RELACIONADO