O Apalpador visita o noso Concello

Apalpador

O Apalpador visita o noso Concello

19 December 2018/concello/Cultura

O Apalpador visitará A Pobra do Brollón, o luns 24 de decembro, ás 12 estará no Centro de Día con nenos e maiores e ás 13.30 fará un pasarrúas polos bares do centro.

O Apalpador está vinculado ao Nadal, representa a unha figura que baixa do Courel na noite do solsticio de inverno, o 24 de decembro, e visita aos cativos levándolles algún agasallo e unha presa de castañas, palpálles a barriga aos nenos murmurando “así esteas todo o ano”, porque o Apalpador leva fartura e felicidade.

O Apalpador pasou de ser unha figura case inédita a ser un personaxe máis do noso Nadal, desde que hai uns anos se deu a coñecer polo Centro Social do Pichel



RELACIONADO