O Concello segue apostando polo cinema galego coa proxección, o día 16, de Os Fenómenos

O Concello segue apostando polo cinema galego coa proxección, o día 16, de Os Fenómenos

February 13/concello/Cultura

O día 16 de febreiro, a Casa da Cultura Olga Novo, acolle a proxección de “Os Fenómenos” dirixida por Alfonso Zarauza e protagonizada por Luis Tosar e Lola Dueñas. A cita será ás 20.00 h. e contarase coa presenza do director e da concelleira de Cultura do Concello de Sarria.

A actividade, aberta a todos os públicos e de balde, forma parte da promoción da 4ª Escolma de Cinema Galego de Sarria, que se celebrará os días 22 e 23 febreiro. Esta xornada de cine vénse a sumar a aposta pola promoción da cultura en galego que se fai desde o Concello da Pobra.

En novembro poñíase en marcha o I Ciclo de Cinema Galego, actividade que se repetirá este ano, e amplíase esta vinculación co cinema galego, colaborando coa Escolma de Cinema Galego de Sarria. “É unha modo de empatizar coa Escolma de Cine de Sarria e ir un pouco da man entre dous concellos, que apostan por potenciar o cine en galego. A idea sería que outros concellos se fosen sumando a esta iniciativa e apostar por un cine menos comercial, cun carácter, ás veces, máis documental e feito en galego”, apunta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

Despois da proxección haberá un debate co director, para o público interesado. Desde o Concello faise un chamamento especial á participación nesta cita pensada para poñer en valor a nosa cultura e noso cine.



RELATED POSTS