VII Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

VII Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

26 March 2019/concello/Xeral

O Club Autoclásico Ribeira Sacra coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, organiza para o Domingo 7 de Abril a VII Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade.

A cita comezará con concentración de vehículos históricos e clásicos con máis de 25 anos. Entre 9.00 e 11.00 horas os vehículos estarán expostos na Avda de Galicia na Pobra do Brollón. Ás 11.00 iniciarase a ruta turística polos municipios da Pobra do Brollón, O Incio, Bóveda e Monforte de Lemos. Está prevista a saída da ruta cara Hospital de Incio, pasando polo encoro de Vilasouto e por Bóveda para terminar en Monforte de Lemos. 

Máis información na web do Club Autoclasico Ribeira Sacra.

 

 



RELACIONADO