O Centro de Día da Pobra do Brollón celebra o seu X aniversario 

O Centro de Día da Pobra do Brollón celebra o seu X aniversario 

April 24/concello/Xeral

No 2009 abría as súas portas o Centro de Día da Pobra do Brollón. As instalacións con capacidade para 40 persoas, contan na actualidade con 23 usuarios dos concellos da Pobra do Brollon, Monforte de Lemos e Ribas de Sil. Traballan no Centro de Día, unha terapeuta ocupacional, unha traballadora social, 6 xerocultoras e persoal de servizos xerais, ademais da fisioterapeuta e a psicóloga, que prestan servizo tres días á semana.

No día a día do centro desenvólvense actividades de ximnasia, estimulación cognitiva, música, xogos, saídas a coñecer a contorna, actividades interxeneracionais,…

Este mércores, a axenda habitual modificouse para adicar o día á celebración do X aniversario, contando coa presenza do xerente adxunto do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e representantes do equipo de goberno municipal.

Ás 12.00 da mañá comezou a recepción de participantes, para posteriormente ofrecer unha representación teatral por parte dos usuarios do centro; presentouse a mostra fotográfica dos 10 anos de andaina e entegáronse premios aos 3 usuarios que levan no centro desde o comezo. Ás 13.00 houbo uns pinchos e ás 16.00 actuou Cé Orquestra Pantasma.

alcalde, Xosé Lois Maceda,destacaba a importancia do Centro de Día para o Concello da Pobra do Brollón, “Despois do traballo que custou poñelo a funcionar estamos encantados de celebrar estes 10 anos. O servizo reforza toda a nosa política social de apoio aos maiores e ás familias. O Concello puxo o edificio a disposición do Consorcio e cada ano adicamos 20.000 euros a este servizo, ademais de encargarnos do mantemento do centro. Trátase dun modelo de colaboración entre administracións que redunda no beneficio dos nosos maiores.”



RELATED POSTS