Charla e proxección fotográfica sobre persoas refuxiadas

Charla e proxección fotográfica sobre persoas refuxiadas

16 August 2019/concello/Cultura

O sábado 17 de agosto estará na Casa da Cultura o artista e defensor dos dereitos humanos, Mohamed Said Hamdad. Ofrecerá unha charla e proxección fotográfica baixo o título 'Papeles mojados'. O evento comeza ás 20:00 h.

Mohamed Said é militante de Amnistía Internacional en España e Alxeria, e mediador intercultural con SOS Racismo Galicia.

A semana próxima continúa a programación solidaria na Pobra do Brollón coa proxección da curta documental El loco del desierto, dirixida por Julieta CherepNarra a historia e proxecto de Tateh Lehbib, un refuxiado saharauí que construíu un refuxio resistente ao calor e ás tormentas de area con botellas de plástico. A proxección deste documental será o sábado 24 ás 20:00 e o importe da entrada (2€) destinarase integramente a Acnur. 



RELACIONADO