Todos os sábados de novembro, o obradoiro de teatro con Merche Pérez Mundo Rural Mundo Cultural inicia con entusiasmo a súa primeira viaxe para achegar o teatro ás asociacións veciñais e parroquias do Concello da Pobra do Brollón.
Realizarase un pequeno obradoiro de teatro dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que sintan a curiosidade de adentrarse no mundo da interpretación a través do xogo teatral e a improvisación. Non é necesario ter experiencia, trátase de ter unha toma de contacto co teatro e pasar un día diferente.
Sábado 4 de Nov |
Sábado 11 de Nov |
Sábado 18 de Nov |
Sábado 25 de Nov |
A.V. |
A.V. |
A.V. |
A.V. |
Mª Castaña. Cereixa. |
A Ferreirúa. |
Parada dos Montes. |
Salcedo. |
Tel. 617 523 471 |
Tel. 690 613 377 |
Tel. 686 094 061 |
Tel. 626 449 829 |
Marcos. |
José. |
Mª Carmen. |
Lucas. |
Horario: de 10:00h a 13:00h con 15 minutos de descanso.
Información: nas asociacións veciñais.
Prazas limitadas. Actividade de balde.
Non se pode acceder con calzado da rúa no espazo de traballo; traer zapatillas deportivas ou calcetíns antiescorregadizos e roupa cómoda.
O obradoiro de teatro Mundo Rural Mundo Cultural conta con financiamento da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón.