Publicadas las bases del Taller de Empleo de A Pobra do Brollón, Bóveda y O Incio 2026-27

Publicadas las bases del Taller de Empleo de A Pobra do Brollón, Bóveda y O Incio 2026-27

04 Mayo 2026/concello/Xeral

Xa están publicadas as bases de selección para o Obradoiro dual de Emprego 'A Pobra do Brollón-Bóveda-O Incio' 2026-2027.

Pódense consultar no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Pobra do Brollón ou nas oficinas municipais (Avenida de Galicia 50, A Pobra do Brollón).

Recordamos que as persoas interesadas en participar no Obradoiro, ademais de estar inscritas como demandantes de emprego e dispoñibles para o emprego, tamén deben estar anotadas/os no obradoiro concreto na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos (no caso de A Pobra do Brollón e Bóveda) ou na Oficina de Sarria (no caso do Incio).

Unha vez realizadas as sondaxes nas Oficinas de Emprego, cada Concello procederá a chamar aos candidatos e candidatas do seu ámbito territorial para que presenten a documentación necesaria cara ao proceso selectivo.



RELACIONADO