Dende o Concello da Pobra do Brollón, infórmase de que o novo período de cobro dos recibos de consumo de auga é cada 4 meses en lugar de cada 6 meses de cobros anteriores.
Proximamente se procederá ao cobro do primeiro período do 2025 correspondente ao consumo de auga dos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril.
Este cambio publicouse no BOP o 9 de maio de 2025 no marco da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo subministro de auga, co fin de adaptar as normas municipais á normativa estatal e autonómica para promover un uso responsable da auga e evitar a súa perda.