Un nuevo Taller Dual de Empleo A Pobra do Brollón, Bóveda y O Incio comenzará en junio para actividades de conservación de montes y jardinería

Un nuevo Taller Dual de Empleo A Pobra do Brollón, Bóveda y O Incio comenzará en junio para actividades de conservación de montes y jardinería

21 Abril 2026/concello/Xeral

A Consellería de Emprego da Xunta acaba de conceder un novo obradoiro dual de nove meses de duración aos Concellos da Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio. Terá vinte alumnos-traballadores e unha duración de nove meses.

Este taller de emprego recibirá unha subvención de 454.552 euros e contará con vinte alumnos-traballadores, dos cales 13 dedicaranse á especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, mentres que os 7 alumnos-traballadores restantes realizarán actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

O Concello da Pobra do Brollón a través do seu alcalde, Xosé Lois Maceda Vilariño, foi o encargado de solicitar a subvención na súa condición de promotor do taller, que dará comezo o vindeiro día 1 de xuño e estará en marcha ata o 28 de febreiro de 2027 nos tres municipios.

No caso do Concello de A Pobra do Brollón e O Incio, os alumnos encargaranse da roza manual de camiños municipais en faixas secundarias, repoboación con frondosas en monte de titularidade municipal, mantemento de áreas verdes de uso recreativo, así como recuperación de soutos e de masas de frondosas mediante tratamentos silvícolas e novas plantacións.

Pola súa banda, en Bóveda as actuacións serán, entre outras, mantemento, roza e poda, mantemento de áreas verdes de uso recreativo, así como produción de planta ornamental e forestal no viveiro dos Trollos.

En próximas publicacións na sede electrónica e na web do Concello da Pobra do Brollón publicaranse as bases para a selección do alumnado-traballador, director, 3 monitores e 1 administrativo.



RELACIONADO