O 15 de setembro abre o prazo de matrícula para o curso 2025-26 da Escola de Música municipal da Pobra do Brollón.
As clases comezarán o luns 29 de setembro. Incorpóranse este ano dous novos profesores: Hadrián Rei quen impartirá acordeón xunto a música e movemento; e Álvaro Candal coas materias de percusión tradicional, gaita e iniciación á música tradicional. Iago Domínguez continúa coas clases de baile tradicional, e pandeireta e canto. Alfonso Campos tamén continúa ao fronte da coral.
A matrícula pode realizarse do 15 ao 26 de setembro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 h). A Biblioteca está no segundo andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Tlf. 982 430 546).
Horarios
Os horarios das materias serán os seguintes:
Información sobre o pago
A matrícula nunha materia terá un importe de 110€ para o curso completo. Cada materia adicional terá un importe de 60€. O pago será anual con posibilidade de fraccionar o pago.