A Pobra do Brollón acoge en marzo la presentación de dos libros

A Pobra do Brollón acoge en marzo la presentación de dos libros

05 Marzo 2026/concello/Cultura
  • A primeira será a novela Conmigo muere tu secreto do monfortino Fernando Hernández, este venres 6 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón organiza dúas presentacións de libro para o mes de marzo, ambas na Casa da Cultura 'Olga Novo'. A primeira, este venres 6 ás 20:00 horas, a novela de intriga Conmigo muere tu secreto, o terceiro libro do autor monfortino Fernando Hernández González.

O argumento vira ao redor da confesión que o protagonista realiza cando xa é ancián dende nunha residencia para a terceira idade, nos difíciles tempos do Covid. A acción desenvólvese en dous escenarios: en O Barco na década dos 50, que é cando suceden os feitos que foron ocultados, e Monforte en 1991.

Conmigo muere tu secreto é a terceira novela de Fernando Hernández, tras publicar Juguetes de lo desconocido e Gotas de esperanza. Graduado en Criminoloxía, o autor compaxina a escritura co seu posto de policía local no Barco de Valdeorras.

A segunda presentación será o libro Mariposas amarillas de Eva Cabanelas Dopazo, o vindeiro venres 13 de marzo ás 20:30 horas.

A ourensá Eva Cabanelas é doutora en Veterinaria, profesora de Ciencias e divulgadora científica. Mariposas amarillas é un relato íntimo e reflexivo que percorre as etapas máis significativas da vida da autora. A autora constrúe así un mosaico de experiencias persoais, familiares, académicas e sociais, ofrecendo unha mirada honesta sobre o seu proceso de autodescubrimento e a súa evolución como muller e profesional.

Ambas presentacións son na Casa da Cultura 'Olga Novo', de entrada libre.

 



RELACIONADO