Campamento de conciliación Semana Santa 2026

Campamento de conciliación Semana Santa 2026

18 Marzo 2026/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón ofrece para esta Semana Santa un campamento infantil para facilitar a conciliación laboral e familiar. 

Terá lugar na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro' do luns 30 de marzo ao venres 3 de abril e luns 6 de abril, polas mañás en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse antes do mércores 25 de marzo na Biblioteca, chamando en horario de 10:30 a 13:30h no teléfono 982 430 546.



RELACIONADO