Bando sobre la gestión de la biomasa

Bando sobre la gestión de la biomasa

Agosto 08/concello/Xeral

Debido ao alto nivel no índice de risco de incendio é conforme á Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, da Xunta de Galicia, o concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facernos responsables das nosas propiedades, lembramos as obrigas en materia de protección de incendios forestais e xestión da biomasa vexetal segundo dita lei:

  • Será obrigatorio para os propietarios e usufrutuarios titulares de terreos xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalación industriais, sitas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificación illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
  • Na mesma franxa de protección, non poderá haber especies sinaladas na disposición adicional terceira da citada lei que favorezan a propagación do lume como piñeiros, mimosas, eucaliptos, brecina, carqueixa, acacias, queirugas, fentos, toxos, xestas e silvas.

No suposto de incumprimento das obrigas citadas, cabe a posibilidade de execución subsidiaria por parte de Concello, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda e a imposición de multas coercitivas pola administración competente. 

Os danos que se poidan ocasionar nos bens ou propiedades dos lindeiros no caso de verse afectadas por incendios forestais, será responsabilidade dos propietarios.

Para dar alarma de incendio forestal compre chamar o 085 (chamada gratuíta).



RELATED POSTS