Concursos de Entroido 2026

Concursos de Entroido 2026

21 Enero 2026/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón lanza un ano máis os concursos de Entroido: o Concurso de Compadres e Comadres (xoves 5 e 12 de febreiro) e o Concurso de Disfraces (sábado 14 de febreiro). 

VIII Concurso de Comadres e Compadres

O Concello da Pobra do Brollón convoca o VIII Concurso de Compadres e Comadres que se realizará dentro do programa do Entroido os xoves 5 e 12 de febreiro.

As solicitudes de inscrición presentaranse na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura “Olga Novo”, 2º andar) ou ben chamando ao teléfono 982 430 546 en horario de 10:30 a 13:30 horas, sendo o derradeiro día de inscrición o 4 e o 11 de febreiro, respectivamente.

Para a participación no concurso haberá as categorías de individuais (ata 18 anos e de máis de 18 anos) e colectivos (locais comerciais, asociacións ou outras entidades colectivas). Os premios son de 50€ e 20€ accésit para as categorías individuais e 100€ e 50€ accésit na categoría colectivo. 

Todos aqueles participantes de categoría “individuais” que desexen participar na queima organizada, deberán concentrarse diante do Concello os días 5 e 12 de febreiro ás 18:30h, onde se correrán para posterior queima na Praza da Peza. Aqueles que decidan non participar na queima organizada, deberán quedar suficientemente acreditados mediante fotografía enviadas ao teléfono 650 624 828 para que o xurado poida valorar.

Os inscritos dentro da categoría de “colectivos” colocaranse nos lugares elixidos polos participantes dende a primeira hora da mañá.

Na medida do posible, o xurado tratará de visitar todas as figuras participantes os propios días 5 e 12 de febreiro ata as 15:00h.

Os criterios de valoración para o outorgamento dos premios serán a orixinalidade, temática, calidade e a elaboración de cada un deles. A entrega dos premios será o día 14 de febreiro de 2026 ao remate do desfile de Entroido.

Bases do VIII Concurso de Compadres e Comadres aquí (PDF).

Concurso de Disfraces

O Concurso de Disfraces realizarase dentro do programa municipal do Entroido o sábado 14 de febreiro de 2026.

As solicitudes de inscrición para a participación presentaranse na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura “Olga Novo” 2º andar) ou ben chamando ao teléfono 982 430 546 en horario de 10:30 a 13:30 horas, sendo o derradeiro día de inscrición o xoves 12 de febreiro.

Todos e todas as participantes deberán estar o sábado 14 de febreiro as 16:40h no cruce da Estrada de Saa. A saída do desfile comezará as 17:00h dende o cruce da Avda. de Galicia coa Estrada de Saa, percorrerá as principais rúas da Pobra do Brollón e rematará na área recreativa Samugueiros.

A entrega dos premios será ao remate do desfile de Entroido. O xurado terá liberdade para establecer as súas cualificacións, sendo os criterios a valorar os seguintes: a montaxe, a elaboración, a orixinalidade, o humor e os materiais utilizados.

Os premios serán os seguintes:

1.- Participantes pertencentes ao Concello da Pobra do Brollón:

PREMIOS

CARROZAS

COMPARSAS DE 15 OU MÁIS PERSOAS

COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS

INDIVIDUAL DE 1 A 4 PERSOAS

175€

175€

100€

50€

125€

125€

80€

40€

75€

75€

50€

30€

----------

----------

----------

20€

----------

----------

----------

10€

2.- Participantes non pertencentes ao Concello da Pobra do Brollón:

PREMIOS

CARROZAS

COMPARSAS DE 15 OU MÁIS PERSOAS

COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS

75€

75€

50€

50€

50€

40€

30€

30€

25€

Ás carrozas participantes no desfile que non resulten premiadas faráselle entrega dun accésit valorado en 40€. As categorías non poden ser acumulativas.

Bases completas do Concurso de Disfraces aquí (PDF).

 



RELACIONADO