O domingo 11 de maio, terá lugar na Casa da Cultura 'Olga Novo' un curso de defensa persoal feminina. O experto de artes marciais e defensa persoal Juan José Martínez impartirá técnicas a aplicar en situacións de risco.
Trátase dunha actividade aberta a mulleres. O horario establecerase en función das participantes.
Para máis información e/ou inscribirse, é preciso contactar coas oficinas de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón, ben presencialmente (Casa da Cultura 'Olga Novo', 1º andar), por teléfono (982 430 447) ou por correo electrónico (educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal).