O evento literario-musical 'Na casa delas' llega a A Pobra do Brollón el 11 de octubre

O evento literario-musical 'Na casa delas' llega a A Pobra do Brollón el 11 de octubre

01 Octubre 2025/concello/Cultura

O sábado 11 de outubro, a Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón, acollerá o espectáculo literario-musical Na casa delas. O evento é ás 20:00 horas, de entrada libre.

Trátase dun concerto do cuarteto vocal Son de corda no que cantan a poetas luguesas, concretamente, á guímara Olga Novo, a María Mariño, Luz Pozo, Xela Arias, Marica Campo e Olalla Cociña. No repertorio tamén inclúen algún texto da tradición oral lucense.  

O cuarteto estará acompañado por Raúl Rodríguez no piano e a bailarina María Pichín. Ademais, durante o concerto proxectarase unha serie de vídeos dedicados ás poetas, realizados por Alejandro Gándara e Manuel Lucas.

 



RELACIONADO