Concelleiro responsable: RICARDO RODICIO GONZÁLEZ
Forma de contacto: 982430001
Enderezo: Av. de Galicia, 50, 27330 A Pobra do Brollón, Lugo
PUNTO LIMPO
Horario atención Punto Limpo: Todos os mércores de 10.00 a 14.00
No punto limpo pódense depositar todos os grandes residuos, como mobles, colchóns ou electrodomésticos. Non debe depositarse no punto limpo: uralita, pneumáticos. Recóllese aceites de vehículos somentes a particulares.

Compostaxe comunitaria
Desde a área de medio natural participamos nun programa piloto para a xestión dos residuos orgánicos biodegradables dun colectivo de xente co fin de obter un recurso valioso para a súa aplicación na xardinería municipal ou reparto entre os participantes.
O programa de compostaxe que se poñerá en marcha na capitalidade municipal con 6 illas, é pioneiro na provincia de Lugo apostando por novos modelos de xestión.
A compostaxe comunitaria fomenta a participación da cidadanía en iniciativas municipais, coa colaboración altruísta e o medio natural como filosofía.
Esta iniciativa complementa o programa piloto de compostaxe domiciliaria que se desenvolve en Eixón, Cereixa e A Estación