A Xunta publica novas medidas de prevención fronte ao Covid-19

A Xunta publica novas medidas de prevención fronte ao Covid-19

18 Agosto 2020/concello/Xeral

Ante o aumento de contaxios de Covid-19 en Galicia, a Xunta anunciou novas medidas de prevención que lembramos xa están en marcha.

As medidas publicadas no DOG establecen unhas normas:

  •  Prohibido fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre se non se pode garantir a distancia de seguridade interpersoal (2 metros)
  •  Pechan discotecas e outros locais de lecer nocturno.
  •  Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán pechar máis tarde da 01:00 h, e non poden aceptar novos clientes a partir da medianoite.
  • O consumo en locais pode ser na barra ou sentado en mesas, cun máximo de 10 persoas por mesa.

Tamén establece unhas recomendacións:

  •  Restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable.
  •  Limitar os encontros sociais a un máximo de 10 persoas.

Consulta o texto completo no DOG neste enlace.



RELACIONADO