Sobes ao autobús do teatro? Nova saída o 9 de outubro

Sobes ao autobús do teatro? Nova saída o 9 de outubro

30 Setembro 2025/concello/Cultura

Novamente, a veciñanza da Pobra do Brollón poderá desfrutar de transporte gratuíto e entrada reducida para ver unha produción do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela. Trátase da obra A serie clopen e será o xoves 9 de outubro. 

O espectáculo é a nova produción do CDG, dirixida por Pablo Reboleiro. A serie clopen combina acrobacias imposibles, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora que reflexiona sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

Grazas ao programa de mobilidade do CDG, ponse a disposición das veciñas e veciños da Pobra do Brollón un autobús gratuíto para ver a función do xoves 9 de outubro ás 18:00 h, cunha entrada reducida de 5€. O autobús sairá ás 14:30 horas dende o Avenida de Galicia (diante do antigo cuartel da Garda Civil) e sairá de volta dende Santiago ás 20:15 h. 

É unha actividade dirixida a todos os públicos e as prazas están limitadas. As reservas de praza fanse por orde de inscrición, que se debe realizar ata o martes 7 de outubro na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro', ben presencialmente ou por teléfono no 982 430 546.



RELACIONADO