O novo curso da Escola de Música Samoeiro comeza a primeira semana de novembro

O novo curso da Escola de Música Samoeiro comeza a primeira semana de novembro

21 Outubro 2020/concello/Cultura

O novo curso da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón comezará a primeira semana de novembro.

O sábado 31 de outubro haberá reunión para asignar os horarios de adultos das clases de baile e percusión. A reunión de percusión será ás 11:30 e de baile ás 12:30, ambas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

Os horarios do resto de materias – acordeón, piano, gaita, música e movemento, linguaxe musical e os grupos infantís de percusión – xa están asignados. 

Para saber os horarios de ditas materias, os alumnos poden chamar á biblioteca no teléfono 982 430 546, de luns a venres en horario de 10:30 – 13:30 e de 15:30 – 18:30. 



RELACIONADO