A situación do Covid-19 no noso municipio

A situación do Covid-19 no noso municipio

05 Novembro 2020/concello/Xeral

Tras recibir información dende o Centro de Saúde dun novo PCR positivo no noso municipio, compareceu o alcalde Xosé Lois Maceda pedindo precaución para evitar novos contaxios. O vídeo da comparecencia pódese visionar abaixo.

Segundo datos do Centro de Saúde hai 5 casos de Covid-19 activos na Pobra do Brollón. É unha cifra alta para a nosa poboación, polo que dende o Goberno municipal faise un chamamento a extremar as medidas de seguridade, entre as cales:

- Limitar os nosos encontros sociais e reducir os nosos grupos de interacción.

- En todo momento, incluído en reunións con familia e amigos, aplica as 3 emes: desinfecta as Mans frecuentemente, usa a Máscara e mantén os dous Metros de distancia interpersoal.

No que levamos de semana, ademais do caso positivo, fixéronse 25 PCR de resultado negativo. Actualmente estase a facer rastrexo dos contactos da persoa do positivo para detectar posibles contaxios.

Seguiremos informando de calquera novidade relevante.



RELACIONADO